Norformación

Cursos

Curso de nivel básico fitosanitario

Curso de nivel básico fitosanitario
Modalidade

Presencial/Mixto

Destinatarios
Plan

Outros

Sector

Agricultura e gandería

Centro

O Porriño

Localidade

O Porriño

Comezo
Fin
Data límite de inscrición

31/12/2024

Duración

25 horas

Horario
Prezo

125 € (inclúe taxas exame oficial)

Obxectivos del curso

  • Identificar as pragas e enfermidades máis comúns das plantas.
  • Realizar os labores de tratamento cos produtos e técnicas máis adecuados.
  • Dotar ao alumnado dos coñecementos para desenvolver, de forma autónoma coa calidade e a eficiencia adecuada, a identificación das necesidades dos tratamentos así como a planificación e organización de forma eficiente das tarefas necesarias, utilizando os métodos produtivos e de prevención de riscos adecuados para a protección do medio ambiente e das persoas.

Contidos

  • Pragas dos cultivos: clasificación e descrición
  • Produtos fitosanitarios: clasificación e descrición. Importancia e contido das etiquetas e fichas de datos de seguridade. Casos prácticos.
  • Riscos derivados da utilización de produtos fitosanitarios para o medio ambiente. Medidas para reducir os devanditos riscos.
  • Medidas de emerxencia. Boas prácticas ambientais. Protección e medidas especiais establecidas na Directiva Marco da auga (Directiva 2000/60/CE). Eliminación de envases baleiros. Casos prácticos.
  • Perigo dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas. Maneira de evitalos e medidas de emerxencia. Concepto de seguridade alimentaria. Riscos para a poboación en xeral. Riscos para o Prácticas de primeiros auxilios. Estruturas de vixilancia sanitaria e acceso para informar.
  • Medidas para reducir os riscos sobre a saúde. Posibles riscos derivados de realizar mesturas de produtos. Medidas preventivas e de protección do EPI.
  • Prácticas de identificación e utilización de EPi´s
  • Secuencia correcta durante transpórteo, almacenamento e manipulación dos produtos fitosanitarios
  • Métodos de control de pragas incluíndo os métodos alternativos. Tratamentos fitosanitarios. Preparación mestura e aplicación
  • Métodos de aplicación de produtos fitosanitarios. Factores para unha aplicación eficiente
  • Equipos de aplicación: descrición e funcionamento
  • Limpeza, mantemento e inspección periódicas dos equipos
  • Prácticas de aplicación de tratamento fitosanitario
  • Relación traballo-saúde: normativa sobre prevención de riscos laborais
  • Métodos para identificar os produtos fitosanitarios ilegais e riscos asociados ao seu uso. Infraccións, sancións e delitos

Persoas destinatarias

Persoas traballadoras por conta allea encargadas da aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios e persoas que utilizan produtos fitosanitarios para uso particular.

Contacta con nós

norformacion@norformacion.com

(+34) 986 336 850

Se es un usuario rexistrado, debes iniciar sesión para encher os teus datos personais de forma automática.

Recorda que podes inscribirte nunha ou varias accións formativas.

Skip to content